top of page

Debater para coñecer

Ultimamente parece que todo o mundo é quen de opinar sobre calquera tema aínda que un non sexa un esperto. Obsérvase unha falta de argumentos á hora de defender ideas ou posturas e a información na que ás veces nos baseamos non está suficientemente contrastada. Isto mesmo reprodúcese nas aulas e o noso alumnado emprega as primeiras páxinas que lles ofrecen os buscadores da Internet cando lles pedimos que investiguen sobre un tema en concreto, seguido dun “corta e pega” co que non afondan nin reflexionan verdadeiramente no tema presentado. Por outra banda, ante un tema determinado, tendemos a posicionarnos nunha única postura e defender a mesma a capa e espada, sen dar tempos á escoita de quen defende a postura contraria ou en ofrecer tempos respectuosos de réplica. O proxecto Debater para Coñecer nace para dar resposta á necesidade de ofrecer argumentos sólidos e convincentes, baseados en información obxectiva e veraz que avale a postura que defendemos dun tema proposto. Pero nace tamén para favorecer as relacións sociais, a reflexión crítica, a escoita activa, a empatía, o respecto e o afán de superación. É por isto que o proxecto en si mesmo permite traballar o desenvolvemento da competencia espiritual, segundo o Marco de Espiritualidade da Provincia Marista Compostela (Gier). Non podemos esquecer que o proxecto tamén nos permite traballar estándares de comunicación oral e escrita das materias de Lingua Galega e Castelá, e os relacionados con temas científicos actuais propios da materia de Física e Química no 3º curso da E.S.O. Finalmente, Debater para coñecer permítenos saber que alumnado ten mellores competencias no campo da oratoria. Dos debates realizados na aula saen os alumnos que, posteriormente, van representar ao colexio nos distintos debates intercolexiais aos que nos presentamos.

Premio: 2º en la categoría de secundaria de los XIV Premios de Innovación Educativa de la Provincia Marista Compostela.

PROVINCIA MARISTA COMPOSTELA

 

Presentamos una relación-resumen de INNOVACIÓNPRÁCTICAS EDUCATIVAS realizadas durante los cursos 2013 a 2016 en los colegios de la Provincia Marista Compostela y que varias de ellas han sido reconocidas por diferentes organismos oficiales y concursos.

Párrafo. Haz clic aquí para agregar tu texto y editar. Permite que tus usuarios te conozcan.

Búsqueda por Tags
  • Facebook Black Round
  • Google+ Black Round
  • Tumblr Black Round
bottom of page